Observatorios en rede
O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) está desenvolvendo un proxecto conxunto con outros organismos e institucións autonómicas, dedicadas ao estudo da Sociedade da Información, para elaborar e consensuar unha métrica unificada que permita medir de forma fidedigna a implantación da Sociedade da Información en España.
- Para iso formáronse grupos de traballo temáticos compostos por distintos representantes das CC.AA. cos que traballará de xeito conxunto e durante un tempo prolongado.